Olafson Mokk

Olafson Mokk

lunes, 20 de febrero de 2012

AS CORES

   


 Aproveito esta entrada para dar resposta breve ao meu amigo Alfonso Álvarez Cáccamo e tamén, de paso, para facer o mesmo cun anónimo interlocutor que me chamou ao teléfono móbil (ignoro cómo puido conseguir o número) para solicitarme, non de moi bos modos, que  aclarase certo parágrafo dun dos meus Pensamentos publicado hai uns días.
   Comecemos polo meu estimado Alfonso: nesta época que corre, que por sorte ou por desgraza nos tocou vivir, e dada a miña idade que é sincrónica coa túa, xa que ambos nacimos en 1952 e andamos xa na fronteira dos sesenta, son incapaz (e ademais quero ser incapaz) de pintar as cousas con tons neutros e cos trazos borroso; para min as cores deben ser puras, Se o feito de pintar as cousas coas cores exactas recibe o nome de radicalismo, declárome pintor radical da vida. A época dos grises xa pasou, ou eso creo. Cada vez que ven néboa doéme un palastrazo que recibín dun gris en Compostela cando era estudante, e, agás na memoria, os grises para min desapareceron, pero os marróns existen, e se unha poeta extraordinaria guinda enriba do lenzo branco e brillante da súa traxectoria poética un bote de pintura marrón caca, a súa obra ficou para sempre pintada de marrón caca.  Que non compartas isto comigo non significa que ti teñas razón nin que a teña eu, pero como se trata dunha cuestión de felicidade íntima, ou pode que de comodidade clasificatoria, para min o branco e o marrón, eu que son de paleta de cores chas, non combinan senón que o marrón ensuxa o branco. Un cagallón nunha pista de xeo creba o esplendor da súa curiscante beleza e o cagallón dese poema non foi de ser humano senón de elefante.
  Polo que atinxe ao meu insultador anónimo, aclarareille o que non tiven ocasión de responderlle polo teléfono porque el era incapaz de escoitar, fenómeno moi frecuente nesta sociedade. Polo visto, o insultador interpretou que nun parágrafo que escribín o outro día falando dos políticos que deberían retirarse a tempo sen salferir baba, facía referencia nada menos que a Beiras, ¡miña, nai! ¡que bruto es amiguiño insultador! Le con ATENCIÓN: eu XAMAIS insultaría a Beiras porque lle teño INMENSO CARIÑO e ENORME ADMIRACIÓN. Como me gusta pintar as cousas con cores ben definidas e deixarme de medias tintas direiche que NON ME GUSTOU NADA que Beiras fixese esas declaracións na Voz de Galicia e en EL País cando tería que lavar os farrapos suxos no seo do BNG e non dando carnaza ao inimigo. Tampouco me refiro co da baba a Francisco Rodríguez outra persoa pola que sinto ADMIRACIÓN por moito que che doa, anónimo interlocutor, perdón: locutor de caca, porque so falaches ti. Este Blogue non ten censura de ningún tipo, e se queres poñerme a feder faino aquí por escrito. Este Blogue é para que se pinte nel con cores puras. Fíxate ti, pensa: ¿Quen salfire baba, ten gafas e unha rara barba que tapa unha cicatriz producida por un accidente automobilístico? ¿Quen salfire baba e non lle quedou ningunha cicatriz dun accidente de helicóptero? ¿Xa o adivinaches? ¡Moi ben, premio para ti!  Da boca de Beiras xamais saiu nin sairá baba, senón palabras, o malo é que nos últimos tempos saíronlle demasiadas, pero eu sempre lle terei un profundo RESPECTO, CARIÑO e ADMIRACIÓN.

   No ano 2005 construín un Monumento aos Lapis de Cores que está situado na fermosa Praza da LIberdade, en Mirtingbrunchi (Gurzonia). Con el tentei homenaxear a todos e todas os que adoitan pintar as cousas con claridade e se pronuncian sen medias tintas. Se ademais, esas xentes son capaces de observar o mundo, sen detectar opacidades, a través do Monumento á Transparencia que publiquei o outro día, esas xentes serán as miñas xentes. Diciamos na época da nosa mocidade estudantil: Se o negro é negro e o branco é branco, ¿para que carallo queremos o gris








Con cariño e esperanza. OLAFSON MOKK.



No hay comentarios:

Publicar un comentario