Olafson Mokk

Olafson Mokk

jueves, 9 de febrero de 2012

Caneiro e outros tertuliáns/ás.

   Como xa dixen o outro día, son afeccionado a escoitar as tertulias da radio, especialmente da Galega. Salientei a intelixencia, a verba precisa, a claridade de ideas de Pilar García Negro. A esa lista de bos e boas tertuliás, engado agora a de Xavier Vence, tamén só contra todos como Pilar. Outro excelente comentarista é Paco Trigo quen cos seus disparos de simpatía, e tamén de clarividencia, desarma con facilidade ao contrincantes. Fico pampo, abraiado e algo tristeiro ao comprobar que un home que sempre considerei de esquerdas, Xosé Carlos Caneiro, pasou radicalmente de bando e arremete con saña, e con pouca graza por certo, contra a CIG sempre que ten ocasión. Que o faga o cascarrabias (por dicir algo suave) de Pita nin me estrana nin me emociona negativamente porque nunca lles dou categoría a eses neodemócratas que teñen un pe (por falar dunha extremidade humana) enchoupado na lama do pasado máis reaccionario (por dicir un eufemismo). ¡Pero que Caneiro despotrique contra a CIG, non o entendo! ¿Cambiáronme a este Carliños ou era así sempre e eu non o sabía?



 


  No ano 1987 construín unha instalación en Mimbrano, a capital de Gurzonia, co pertinente permiso municipal para dúas horas, que consistía nun anuncio xigantesco pendurado das ventás dun rañaceos. En fronte, noutro edificio situado na beira dereita da rúa, instalei unhas escaleiras. Ao pé destas, un cartaz dicía: "Por só un curgús (a moeda gurzonia, equivalente a dez céntimos de euro) poderá vostede contemplar este anuncio desde a mellor posición posible". Nesas dúas horas subiron polas escaleiras 1.237 persoas polo que recadei uns 123 euros, suficientes para pagar o devandito permiso municipal. Só tentaba comprobar ata que punto o ser humano pode ser manipulable, sobre todo tendo en conta que desde a beirarrúa podía contemplarse o anuncio de valde.
  A manipulación dos seres humanos pode facerse con diferentes técnicas. A máis utilizada é a do bombardeo constante. Se teimudamente se repite que os sindicatos son nefastos, ou se a clase política é un lastre, algo vai quedando no pouso do pensamento dos indivíduos, e o cerebro, xa ben cavado e estercado, doadamente estará disposto para a semente, a perniciosa semente dos perversos sementadores. Caneiro fixo un chiste, un dos seus malos chistes, cando tras a dorosa queixa doutro tertulián que se laiaba de que en Galiza houbese 260.000 parados, raposeiramente indicou que había máis en Andalucía, e ficou tan pancho. ¿Que che fixeron Caneiriño? ¿Que emprego che ofreceron?   ¿Por cales escaleiras andas a subir?  ¡Que tristura!                                  

                                                                  OLAFSON MOKK  

No hay comentarios:

Publicar un comentario