Olafson Mokk

Olafson Mokk

sábado, 4 de febrero de 2012

De novo con vós.

Por razóns técnicas alleas á miña vontade non puiden escribirvos os meus pensamentos durante esta semana. As razóns técnicas podo resumilas nunha soa frase: en Galiza con estes gobernantes actuais vivimos no terceiro mundo. É propio do terceiro mundo que suframos apagóns de luz constantes. Eses apagóns producen avarías no meu ordenador. E iso foi o que pasou. Posiblemente, de toda Galiza, o alcalde máis inútil que exista sexa o de Oia, localidade na que eu vivo desde 2003. É un indivíduo, rodeado duns concellais do PP absolutamente incapaces de solucionar un só problema á veciñanza. O PP leva aquí desde a desaparición do primeiro franquismo. Agora, no segundo franquismo, seguen sendo elixidos malia a súa manifesta ineficacia. Unha das mostras máis palpábeis desta ineficacia é que son incapaces de solucionar os constantes apagóns de luz que tanto mal fan nesta bisbarra sudoccidental de Galiza, o territorio da recauchutada Penínsua Ibérica que máis enerxía eléctrica produce. Paradoxos terribles estes. Paradoxo terrible é ver convertido este potencial paradiso que é a Nosa Terra no país dos refugallos, da improvisación e da reverencia a todos os personaxes que o único que fan é danar a nosa identidade.
Durante esta semana pasaron moitas cousas. Na Cultura ben poucas porque estes indivíduos do PP, desde Madrid ata Galiza teñen o obxectivo -que están cumprindo- de desmantelala, pero resistiremos. Outros axúdanos, por exemplo os que toman decisións como a de desprezar o legado fotográfico de Pacheco, máis de 60.000 fotografías, memoria magnífica de Vigo e bisbarra e outros/as continúan ensalzando a figura dun fascista nacido en Vilalba que o único que fixo por Galiza foi pasar a apisonadora e que en España formou parte dun goberno golpista e criminal.
¡Que vergoña o poema de Luz Pozo na Voz de Galicia louvando a Fraga! ¡Que tristura ler eses versos puñeteiros escritos por  unha poeta que antes eu admiraba! Agora xa non podo facelo. Os seus versos, todos os dela, se me converteron en caca. 
Fronte á caca, tamén seguiremos resistindo. A familia do meu querido Alfonso Álvarez Cáccamo, a súa nai María Luisa Cáccamo Frieben e os irmáns do primeiro Xosé María, María Elena, Celso e Berta, veñen de donar á cidade de Vigo e a toda Galiza un importantísimo arquivo, froito do traballo de catro décadas do amoroso traballo de Xosé María Álvarez Blázquez, á Fundación Penzol. Pensa esta familia que aínda hai solucións para tentar frear o desmantelamento da Cultura Galega. Pode que sexan uns inxeis.






Tentaremos que continúe brillando a luz. Tentaremos acender todos os fachos, as lámpadas, os flexos, os focos, as lanternas... Tentaremos que continúen escintilando as estrelas e sorrindo a lúa. No ano 1979 non estaban as cousas peor que agora, ¿quen o diría?, e daquela construín un monumento á luz eléctrica, titulado "A comunicación dos flexos" coa esperanza de que a negrura se tinguise de luminosidade. Hoxe volvo acendelo antes de que todo fique ás escuras. Olafson Mokk.



No hay comentarios:

Publicar un comentario