Olafson Mokk

Olafson Mokk

lunes, 20 de febrero de 2012

Comentario:

Estimado Olafson: Sigo con interese o teu Blog (coido que en galego dise blogue) e comparto moitas das cousas que nel dis, outras son máis discutibles. De acordo en que o poema que escribiu Luz Pozo Garza en louvanza de Fraga Iribarne é para deixar abraiado ao ghicho máis sereo do mundo, que foi un poema inoportuno e difícil de entender, mesmo que é un poema moi malo, pero outra cousa ben distinta é que califiques como caca a toda a poesía de Luz, unha poesía con luz, brillante, e mesmo en moitas ocasións emocionante. Coido que con esa túa radical adxectivación tiras pola borda a credibilidade das túas apreciacións. Modérate un pouco, que ser de esquerdas non consiste en ser esaxerado. Ti mesmo falas da inxustiza con frecuencia. Aplícate o conto: coido que é inxusto que lle chames caca á beleza, aínda que de cando en vez caia un cagallón enriba dela. Con toda a miña simpatía. ALFONSO ÁLVAREZ CÁCCAMO, Oia (GALIZA).

No hay comentarios:

Publicar un comentario