Olafson Mokk

Olafson Mokk

sábado, 21 de enero de 2012

Este é o Monumento ao tempo.

 Foi construido no ano 2007 e está ubicado na vila de Mateteia (Gurzonia). Os materiais empregados son a madeira de buxo de Poponica tratada con resinas de dufrol serpentino e pintada con esmaltes prepoteicos. A base é de vinilo reforzado. O monumento ten unha altura de 14 metros e un peso aproximado de dúas toneladas e media. Mediante uns émbolos situados na parte inferior da construcción, o Monumento ao Tempo afúndese e prégase por decisión persoal do autor, cada vez que os medios de comunicación deturpan a realidade verbo da traxectoria vital dos personaxes públicos. Durante toda esta semana estivo pregado. Mañá o monumento volverá ao seu estado normal  se os medios de comunicación deixan de mentir sobre os logros dun fascista que naceu no noroeste do Estado Español.

¡Viva a República!     Olafson Mokk

3 comentarios:

  1. Nesa vila de Mateteia (onde 'as nacas non son tan deceias', como dicía aquel famoso bardo mateteiano) hai unhas árbores altísimas chamadas "Poponicas del soscilón", pregúntome si son da familia dos buxos dos que fala...
    M. L.

    ResponderEliminar
  2. Se es ti quen penso teño que dicirche que tes unha meoria excelente para ter abandoado Gurzonia sendo tan só unha nena, aló polo ano 1974, realmente excelente querida ML. ¿Ou o de ML é porque es natural de Melilla? Efectivamente na rexión de Poponica, onde está a cidade de Soscilón dase unha especie moi característica de árbore (máis ben arbusto xigante) da familia do buxo, o buxus poponiciensis, dunha dureza excepcional, moi dificil de traballar pero practicamente indestructible. Esa madeira é un dos meus materiais preferidos. Recebe unha cordial aperta. OLAFSON

    ResponderEliminar
  3. Si, efectivamente, son quen cree que son. En canto a miña memoria, xa non é a que era; aínda que a conservo en bastante bo estado xa que procuro abonala e cultivala a diario; pero a pesar de todos os coidados que poño nela non é a metade da súa, Sr. Olafson, famosa en toda Gurzonia, terra da que tiven que emigrar de moi pequena, como ben recorda vostede.

    Meu "ML" ou "LM", que tanto ten no meu caso, non alude nin a terras melillesas nin a ese famoso tabaco de batea. É o meu nome, nome coincidente co da nai de vostede como ben sabe, que non o apelido. Son un simple par de letras, sinxelas e humildes como a persoa que lle está a escribir isto.

    Reciba un cordial saúdo gurzoniano.

    M.L. (Ou L.M.)

    ResponderEliminar