Este é o Monumento ao tempo.
Foi construido no ano 2007 e está ubicado na vila de Mateteia (Gurzonia). Os materiais empregados son a madeira de buxo de Poponica tratada con resinas de dufrol serpentino e pintada con esmaltes prepoteicos. A base é de vinilo reforzado. O monumento ten unha altura de 14 metros e un peso aproximado de dúas toneladas e media. Mediante uns émbolos situados na parte inferior da construcción, o Monumento ao Tempo afúndese e prégase por decisión persoal do autor, cada vez que os medios de comunicación deturpan a realidade verbo da traxectoria vital dos personaxes públicos. Durante toda esta semana estivo pregado. Mañá o monumento volverá ao seu estado normal se os medios de comunicación deixan de mentir sobre os logros dun fascista que naceu no noroeste do Estado Español.
¡Viva a República! Olafson Mokk