Olafson Mokk

Olafson Mokk
Mostrando entradas con la etiqueta Estado de revés. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Estado de revés. Mostrar todas las entradas

viernes, 10 de febrero de 2012

ESTADO de REVÉS

   Indivíduos e indivíduas da caste á que pertence Esperanza Aguirre, personaxes deses e desas que tantos hai neste país e nos paises que limitan co Padornelo e os Pirineos, paisanos públicos e privados deses que teñen pendurado no salón da súa casa un cadro reversible co retrato de Franco na cara e o de Mariana Pineda no envés, por se veñen visitas, falan coa boca grande, e cada vez con maior asiduidade, do Estado de Dereito como quen recita unha desas máximas integristas do Catecismo do padre Artete. Polo visto estamos nun Estado de Dereito que, segundo din, puxo o punto sobre o i coa decisión xudicial contra Garzón quen xa non poderá enxuizar os crimes do franquismo.
   Na transición entre o franquismo e o neofranquismo desta Monarquía á que lle puxeron os apelidos de Constitucional e Aconfesional (apelidos dos que, polo observado, a propia monarquía renega)  preguntáronos nun referendum se queriamos o que ao principio deste parágrafo indiquei: máis franquismo ou unha monarquía, e claro, eliximos o segundo; é algo así como se nos desen a escoller entre un puñazo ou unha labazada, e os españois escolleron (eu non, que non votei por ser  cidadán gurzonio) a un rei a quen deixara no seu trono o seu curmán de Zumosol, un sanguinario militar nacido no Ferrol de El.  Ao cabo, do invento, xurdiu un Estado recauchutado en gran parte grazas ao nefasto Alfonsito Guerra quen dixo que non xogaba se non había café para todos, e aí xurdiu o Estado do Revés que podedes ver no mapa deseñado no ano 2008 polo meu entrañabel amigo Omacca Czeravla Oslec, o cartógrafo máis realista e menos Realista que coñezo.

 Eu preferiría que no canto dun Estado de Dereito tivésemos un Estado de Dereitos: dereito á educación gratuita para todos/as, dereito ao traballo, dereito a xulgar aos verdugos do franquismo, dereito a que se recoñecesen as súas vítimas, dereito á igualdade para as mulleres, dereito a que a Igrexa deste Estado aconfesional se dedicase só a rezar e non a militar contra a liberdade das persoas, dereito á autoderminación dos pobos e , entre outros moitos máis, pero sobre todo, dereito a escoller o Xefe do Estado e que non nos veña dado pola cor azul da súa hemoglobina.    
                                                                                          

                                                                                                    OLAFSON MOKK