Cando se vexan estes dous, se se ven, ¿discutirán de noite? Dígoo porque mentres un mata, a outra arrumaca. O un extermina nobres animais. Ela bica pandas. O xenro bica billetes de banco. O neto adora as escopetas. El Rei caeu xa seis veces. Eu agardo que a próxima caída do Soberano do Soberano, a séptima, supoña tamén a caída completa da Monarquía, esta caduca institución que aínda pensa que estamos no século XIX, á fronte da cal hai un monarca imposto por Franco que se divirte cazando elefantes na África de Tintín mentres moitos/as dos cidadáns deste país empobrecido tentan cazar algo no supermercado. Non hai moito máis que dicir.
O Rei elefanticida.
A Raiña, arrumacadora dos pandas.
¡VIVA A REPÚBLICA!
OLAFSON MOKK
No hay comentarios:
Publicar un comentario